Créase FITONET, a rede social sobre a biodiversidade vexetal na que participa activamente a MBG-CSIC

FITONET é un proxecto de innovación creado pola MBG-CSIC grazas á colaboración entre nove entidades ligadas ao sector agroalimentario de todo o territorio estatal que inclúen institutos de investigación, empresas, asociacións de agricultores e plataformas tecnolóxicas.

O Grupo Operativo FITONET nace co obxectivo de establecer as bases para crear unha rede social profesional centrada no uso dos recursos filoxenéticos onde investigadores, agricultores e o resto de axentes do sector agroalimentario intercambien coñecementos e necesidades colaborando activamente no proceso de recuperación e/ou xeración de novos cultivos e produtos de calidade, sostibles e rentables.

FITONET é un proxecto coordinado pola Fundación Cellbitec e promovido polo CSIC a través da PTI AGROFOR -na que xoga un papel esencial a Misión Biolóxica de Galicia (MBG)-, Bullsoft Solutions, a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA), Grupo Da Cunha (DACUNHA), El Obrador de Creative, AGROSA e a Fundación Cajamar. Ademais, BIOVEGEN – Plataforma Tecnolóxica de Biotecnoloxía Vexetal será a responsable de coordinar las actividades de valorización y divulgación.

O seu principal cometido pasa por desenvolver un sistema de transferencia da información partindo dunha ampla rede de coleccións con variedades de premellora e mellora, incrementar a diversidade xenética dos cultivos para obter produtos mellor adaptados e diferenciados, desenvolver unha rede social profesional dinámica e crear varios living labs / experiencias piloto que demostren aos agricultores, ao sector agroalimentario e á sociedade en xeral a importancia de utilizar a biodiversidade para obter cultivos e produtos de calidade, sostibles y rentables. Deste modo, facilitará o acceso aos recursos filoxenéticos e ás variedades melloradas, promovendo unha maior implicación por parte de agricultores, asociacións e empresas.

FITONET foi considerado un dos proxectos máis innovadores dos presentados na convocatoria 2022 do programa GRUPOS OPERATIVOS SUPRAAUTONÓMICOS, sendo proposto para o seu financiamento por parte del Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

FITONET está dotado dun orzamento de 594.138,18 euros, e está cofinanciado pola Unión Europea ao 80% con cargo ao Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER) e ao 20% con cargo ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sendo a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda a Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA).